jueves, 3 de enero de 2013

TROIA, O FILME

Hai uns días gozamos co filme "Troia". Velaquí información sobre a película e sobre a historia da guerra de Troia na que está baseada:





T.O. Troy (2004)
Nacionalidade: USA / Malta / UK                       
Idioma: Inglés
Duración: 163 minutos
Dirección: Wolfgang Petersen
Guión: David Benioff
Producción: Wolfgang Petersen
Reparto: Brian Cox (Agamenón), Brad Pitt (Aquiles), Brendan Gleeson   (Menelao), Diane Kruger (Helena), Eric Bana (Héctor), Orlando Bloom (Paris), Peter O´Toole (Príamo)

Aquí tedes algunhas preguntas resoltas de verdadeiro ou falso sobre o argumento.
Nestoutra bitácora hai un apetecible test de 45 preguntas que abranguen dende a guerra de Troia ata a fundación de Roma. Interesante, non?
Máis actividades sobre Troia.

Por certo, a historia de tal guerra recolleuse na ILÍADA, de Homero. Non deixedes de botarlle un ollo aquí. Hai versións mellores na rede -déixovos a vós a tarefa de buscar algunha outra-. 
E, por suposto, está o formato papel, que segue a ser moi proveitoso (nunca se colga). 

                                    

              

Tamén vos presto unha tradución en pdf ó portugués, que entenderedes perfectamente.
Agardo que a aproveitedes.

Para as fans de Brad Pitt (Aquiles), aquí vos deixo algunha imaxe do noso heroe:

            

Abur!

PARCAS E MOIRAS


Entre Parcas, Moiras y Nornas.

Hoy queremos rescatar unas de las figuras que nos parecen más curiosas de la mitología romana, y no por ser genuinas, sino, más bien, por todo lo contrario. Nos referimos a las Parcas, las Moiras de los griegos, que rigen los destinos de todos los mortales e inmortales. Es practicamente un préstamo de la mitología griega a la romana, una copia casi exacta del mito. Pero esto no es novedad, existen multitud de ejemplos de estos préstamos, lo que nos llama la atención es que estas figuras mitológicas; tres hermanas que deciden cuando se nace, cuanto se vive y cómo se muere, aparecen en la mitología nórdica con el nombre de Nornas. En este post hablaremos, por justicia, del mito griego.
las_parcasEs difícil determinan quienes fueron las Moiras; los propios autores clásicos difieren en sus explicaciones hasta el punto de no tener claro su origen, ni su posición en el panteón olímpico. Incluso en su número hay versiones. Esta diferencia de criterios entre los mismos contemporáneos nos habla que, pese a lo escrito, el culto a las Moiras era antiguo, y que incluso pudo ser anterior a la reordenación del panteón mitológico que elevó la figura de Zeus a rey de los dioses. Lo que queda claro es que desde el inicio de la religión griega existía la idea del destino como algo predeterminado, algo que venía dado desde el nacimiento, y como otras ideas abstractas terminó por personificarse en unos seres divinos, uno, tres o los que sean.
Las Moiras son tres en la versión más extendida; Cloto quien se encargaba del nacimiento, que enhebraba el metafórico hilo vital de cada uno en la rueca. Láquesis quien se encargaba en determinar la longitud de la vida (medía con una regla el hilo). Y por último, Átropos, quien decidía la forma de morir, y era la encargada de cortar el hilo de la vida cuando llegaba el momento. Las tres, hermanas, decidían por tanto el destino de todo hombre, mujer, dios o diosa, llegando incluso Zeus, según algunos autores, a temerlas.

PALABRAS MÁIS VELLAS E PALABRAS MÁIS NOVAS???

Aquí vos deixo uns recursos sobre un aspecto importante do léxico: a diferenza entre palabras cultas e patrimoniais. Agardo que vos sexan útiles.

Primeiro botádelle un ollo ás definicións de cultismo e palabra patrimonial.

Aquí tedes tamén uns exercicios interactivos para practicardes:
- Actividade de lectura da páxina e-ducativa.
- Outra actividade de materialesdelengua.org. E aínda outra.



jueves, 29 de noviembre de 2012

A MORTE NA ANTIGÜIDADE

Seguinte tarefa para os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato: 
A concepción da morte na cultura clásica.               
Escollede unha das seguintes opcións:
A) GRECIA

1. Explicación mitolóxica da morte:
a. Explica a procedencia de Hades elaborando unha árbore xenealóxica dos deuses do Olimpo.
b. Conta como chegou a ser o deus dos infernos e como é descrito pola mitoloxía.
c. Conta cal era a súa relación con Perséfone, narrando brevemente o mito.
d. Xeografía de Hades ou reino dos mortos, explica como se estruturaba, cales eran os seus ríos e que papel xogaban, cales eran os camiños que debían tomarse unha vez que eran xulgados, etc.
e. Explica que papel teñen as Moiras na morte.
f. Quen era Tánatos?
2. A morte en Grecia.
a. Reflicte a importancia que tiña para os gregos a morte, para iso deberás explicar os ritos que se seguían antes despois e durante o enterro.
b. Conta brevemente como vivían os gregos a concepción do alén.
c. Explica o papel das necrópoles, nas cidades gregas da antigüidade, para iso deberás contar que lugares ocupaban dentro da cidade así como, indicar como era a arte funeraria.
d. Mostra algúns obxectos que se utilizaban na vida cotiá grega, como poden ser as vasillas, onde apareza representado o mundo dos mortos.

B) ROMA


1. Explicación mitolóxica da morte:
a. Analiza a figura de Dis Pater/Plutón comparándoo co seu homólogo grego.

2. A morte en Roma:
a. Analiza como vivían os romanos a morte: crenzas en torno á morte e o alén.
b. Que tipos de monumentos funerarios había en Roma?
c. Explica a ritualidade romana: fundamentos e manifestacións. O proceso ritual antes, durante e tras o enterro. Inhumación e cremación.
d. Que inscricións funerarias se coñecen? Distíngueas en función da súa finalidade e do lugar para o que estaban destinadas.
e. Describe a arte funeraria. A decoración e a súa simboloxía.
f. Explica os tipos de tumbas que existían na antiga Roma.
g. Fala das diferenzas sociais en relación á morte.

A traballar!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Safo de Lesbos

Alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, 
Velaquí tedes os pasos para o seguinte traballo:

1. Tedes que buscar información sobre a poetisa grega Safo de Lesbos e pegar esta información nun novo documento de google docs. 

2. A continuación buscaredes o poema de Safo Himno a Afrodita, en grego, e escribirédelo no mesmo documento. Empregade para iso esta ligazón, onde poderedes teclear en caracteres gregos de xeito moi doado, directamente na rede. Copiade, polo menos, un pedaciño do texto para familiarizarvos cos caracteres gregos.

3. Finalmente, debedes buscar unha tradución deste mesmo poema e pegala no documento.

Tamén debedes engadir algunha imaxe que ilustre a información. A traballar!

viernes, 9 de noviembre de 2012

FACEBOOK




XA TEMOS PÁXINA EN FACEBOOK!!!
Iremos engadindo, pouco a pouco, información de interese relacionada co mundo clásico.

BOTÁDELLE aquí UN OLLO e dádelle ao "Gústame".


jueves, 18 de octubre de 2012

O Latín e o Grego nas nosas vidas

O alumnado de 1º de Bacharelato traballou arreo. Investigamos sobre nomes de produtos e marcas comerciais que teñen orixe en palabras do grego e do latín.

Mirade o resultado, a ver que vos parece:



Fermoso, non si?
Parabéns a tod@s os que colaborastes.

Proximamente exporemos un traballo de 4º ESO.
Deica logo!

OUTRA DE DECLINACIÓNS LATINAS