jueves, 29 de noviembre de 2012

A MORTE NA ANTIGÜIDADE

Seguinte tarefa para os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato: 
A concepción da morte na cultura clásica.               
Escollede unha das seguintes opcións:
A) GRECIA

1. Explicación mitolóxica da morte:
a. Explica a procedencia de Hades elaborando unha árbore xenealóxica dos deuses do Olimpo.
b. Conta como chegou a ser o deus dos infernos e como é descrito pola mitoloxía.
c. Conta cal era a súa relación con Perséfone, narrando brevemente o mito.
d. Xeografía de Hades ou reino dos mortos, explica como se estruturaba, cales eran os seus ríos e que papel xogaban, cales eran os camiños que debían tomarse unha vez que eran xulgados, etc.
e. Explica que papel teñen as Moiras na morte.
f. Quen era Tánatos?
2. A morte en Grecia.
a. Reflicte a importancia que tiña para os gregos a morte, para iso deberás explicar os ritos que se seguían antes despois e durante o enterro.
b. Conta brevemente como vivían os gregos a concepción do alén.
c. Explica o papel das necrópoles, nas cidades gregas da antigüidade, para iso deberás contar que lugares ocupaban dentro da cidade así como, indicar como era a arte funeraria.
d. Mostra algúns obxectos que se utilizaban na vida cotiá grega, como poden ser as vasillas, onde apareza representado o mundo dos mortos.

B) ROMA


1. Explicación mitolóxica da morte:
a. Analiza a figura de Dis Pater/Plutón comparándoo co seu homólogo grego.

2. A morte en Roma:
a. Analiza como vivían os romanos a morte: crenzas en torno á morte e o alén.
b. Que tipos de monumentos funerarios había en Roma?
c. Explica a ritualidade romana: fundamentos e manifestacións. O proceso ritual antes, durante e tras o enterro. Inhumación e cremación.
d. Que inscricións funerarias se coñecen? Distíngueas en función da súa finalidade e do lugar para o que estaban destinadas.
e. Describe a arte funeraria. A decoración e a súa simboloxía.
f. Explica os tipos de tumbas que existían na antiga Roma.
g. Fala das diferenzas sociais en relación á morte.

A traballar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OUTRA DE DECLINACIÓNS LATINAS